
Charlie Bautista e eu empregamos as mesmas guitarras acústicas: unhas Martin 00015M do 2011 e D12/28 do ´73, e diferentes modelos de guitarras eléctricas, coas que intentamos procurar contraste.
Eu fixen a función de guitarra solista en cancións como "Príncipe Azul", "Landín Acordeón", "Canción dos afogados", "Esperanza" e "Home"; Charlie en "Cemiterio das botellas", "Non lle queda máis" e en "Todo".
En xeral, eu adoito estar na canle dereita e Charlie na esquerda.
O material
Guitarras:
Charlie Bautista: Gibson SG Deluxe ´do 73 , presente sobre todo en "Cemiterio das botellas" e en "Todo" e unha Fender Jazzmaster tamén do ´73 (un modelo con block inlays e humbuckers), que se pode escoitar na canle esquerda de "Aquela muller".
Seso Durán: A miña guitarra principal foi unha Fender Telecaster AV 52 do ´92: con ela están interpretados os solos de "Príncipe Azul", "Landín Acordeón", "Canción dos afogados", "Aquela muller", "Esperanza"... e unha Fender Jazzmaster AV 62 do ´09, creo... pero esta moi puntualmente.
Amplis:
Charlie empregou un Vox AC 50 e un Fender Bandmaster e eu o Bandmaster, un Marshall JMP e para algunha cousa un Orange. Todos fabricados entre 1965 e 1974. A captura do son realizouse a través dun Royer r121 e dun Shure SM57.
Efxs:
Charlie Bautista:
-
Delay: Boss Space Echo.
-
Octavador: Mooer Tender,
-
Overdrive/Distorsión: BOO O/D e Rat
-
Fuzz: Tonemaster Germanium Fuzz
-
Trémolo: Fulltone Supra Trem
-
Compresor: Diamond.
Seso Durán:
-
Reverb: Electro Harmonix Holy Grial
-
Delay: MXR Carbon copy
-
Overdrive/Distorsión: Fulltone OCD e Rat
-
Fuzz: Electro Harmonix Bif Muff
-
Trémolo: Jam Pedals Chill
-
Compresor: Boss CS-3
Baixo:
Víctor Castro empregou un Fender Jazzbass do ´78 en todo o disco, menos en "Home", no que eu gravei o baixo co meu Fender Precision.